Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de servizos, documentalmente simplificado, consistente na xestión do programa Mentor de inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social, parcialmente cofinanciado polo Fondo Social Europeo no eixe prioritario 2, medida 71.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA-64-2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión do programa Mentor de inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco social.

b) Número de lotes: a totalidade do servizo constitúe un único lote.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de outubro de 2015, prorrogable ata o 31 de decembro de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación: sen IVE: 1.590.840,00 €. Total con IVE: 1.749.924,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do importe de adxudicación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Familia e Menores.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (número 4 da cláusula 3).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas) do vixésimo (20) día natural, que non coincida en sábado ou festivo, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

e) Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

f) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

g) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21041

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar