Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos correspondentes ao expediente de contratación 126/2013, servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes desta consellería.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a continuación:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: tres millóns novecentos catro mil cento trinta e catro euros con dezaseis céntimos (3.904.134,16 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, distribuído nos seguintes lotes:

Lote

Obxecto

Importe

1

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Administración e Xestión

115.381,50 €

2

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Agraria

346.203,05 €

3

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Edificación e Obra Civil

109.575,38 €

4

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Electricidade e Electrónica

289.414,13 €

5

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Enerxía e Auga

210.336,75 €

6

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Fabricación Mecánica

568.278,75 €

7

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Hostelaría e Turismo

138.528,02 €

8

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Industrias Extractivas

95.472,00 €

9

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Informática e Comunicacións

370.509,79 €

10

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Instalación e Mantemento

529.117,90 €

11

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Imaxe Persoal

43.173,00 €

12

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Madeira, Moble e Cortiza

163.371,01 €

13

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Marítimo-Pesqueira

37.469,25 €

14

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Seguridade e Medio Ambiente

95.340,38 €

15

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da área profesional Formación e Educación, da familia Servizos Socioculturais e á Comunidade

320.297,25 €

16

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da área profesional Atención Social, da familia Servizos Socioculturais e á Comunidade

250.389,75 €

17

Impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Transporte e Mantemento de Vehículos

221.276,25 €

5. Adxudicación e formalización dos contratos.

Lote 1: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Administración e Xestión.

a) Data de adxudicación: 25 de xuño de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Academia Postal 3 Vigo, S.L.

c) Importe: setenta e sete mil douscentos noventa e catro euros con sete céntimos (77.294,07 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 14 de xullo de 2014.

Lote 2: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Agraria.

a) Data de adxudicación: 17 de marzo de 2014.

b) Empresa adxudicataria: UTE Educatic Gap Pue, S.L./Monte Blanco Agraria Gallega, S.L.

c) Importe: trescentos vinte e sete mil setecentos oitenta e cinco euros con cinco céntimos (327.785,05 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 9 de abril de 2014.

Lote 3: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Edificación e Obra Civil.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Academia Postal 3 Vigo, S.L.

c) Importe: oitenta e un mil sesenta e tres euros con oitenta e sete céntimos (81.063,87 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Lote 4: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Electricidade e Electrónica.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Fundación Laboral de la Construcción.

c) Importe: cento noventa e un mil trece euros con trinta e tres céntimos (191.013,33 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 28 de xullo de 2014.

Lote 5: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Enerxía e Auga.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Fundación Laboral de la Construcción.

c) Importe: cento corenta e sete mil douscentos trinta e cinco euros con setenta e tres céntimos (147.235,73 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Lote 6: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Fabricación Mecánica.

a) Data de adxudicación: 17 de marzo de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e o Emprego (Formega).

c) Importe: catrocentos setenta e sete mil setenta euros con un céntimo (477.070,01 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 9 de abril de 2014.

Lote 7: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Hostalería e Turismo.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: UTE Pen Consultoría y Formación, S.L.U./Fundación Belarmino Fernández Iglesias/Centro de Formación Beana, S.L.

c) Importe: cento dez mil oitenta euros (110.080,00 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Lote 9: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Informática e Comunicacións.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: UTE Academia Postal 3 Vigo, S.L./Educatic Gap Pue, S.L.

c) Importe: douscentos corenta e oito mil cento sesenta e sete euros con corenta e seis céntimos (248.167,46 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Lote 10: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Instalación e Mantemento.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e o Emprego (Formega).

c) Importe: catrocentos vinte e tres mil douscentos noventa e catro euros con trinta e dous céntimos (423.294,32 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Lote 11: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Imaxe Persoal.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: UTE Clictic, S.L./Jorge Santiago Cachaldora Seoane (Jorge 3).

c) Importe: trinta e cinco mil oitocentos vinte e catro euros con noventa e seis céntimos (35.824,96 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Lote 12: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Madeira, Moble e Cortiza.

a) Data de adxudicación: 17 de marzo de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Fundación Laboral de la Construcción.

c) Importe: cento cincuenta e cinco mil douscentos dous euros con corenta e seis céntimos (155.202,46 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 9 de abril de 2014.

Lote 14: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Seguridade e Medio Ambiente.

a) Data de adxudicación: 17 de marzo de 2014.

b) Empresa adxudicataria: UTE G12 Grupo Empresarial de Servicios, S.L./Seguridad Gallega Nosa Terra, S.A./Alival Formación, S.L.

c) Importe: setenta e nove mil trinta e sete euros con dezaoito céntimos (79.037,18 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 9 de abril de 2014.

Lote 15: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da área profesional Formación e Educación, da familia Servizos Socioculturais e á Comunidade.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Femxa Formación, S.L.

c) Importe: cento noventa e oito mil cincocentos oitenta e catro euros (198.584,00 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Lote 16: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da área profesional Atención Social, da familia Servizos Socioculturais e á Comunidade.

a) Data de adxudicación: 25 de xuño de 2014.

b) Empresa adxudicataria: Femxa Formación, S.L.

c) Importe: cento cincuenta e cinco mil douscentos corenta e dous euros (155.242,00 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 14 de xullo de 2014.

Lote 17: impartición de accións formativas correspondentes ás especialidades da familia Transporte e Mantemento de Vehículos.

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Empresa adxudicataria: UTE Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (Atave) e Asociación Galega de Emprendedores (Agaemp).

c) Importe: cento setenta e catro mil cincocentos oitenta e seis euros con noventa e seis céntimos (174.586,96 €), exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

d) Nacionalidade da contratista: española.

e) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2014.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar