Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41179

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de setembro de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar xustifícase pola execución do auto do Xulgado do Social número 3 de Ourense, do 28 de outubro de 2013 (execución: 243/2009), polo que se require a Xunta de Galicia para que se proceda á execución da Sentenza do 8 de maio de 2009.

Este pronunciamento xudicial determina que debe continuar a execución da sentenza e modificar a RPT que foi publicada mediante a Resolución do 26 de xullo de 2013, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG do 2 de agosto), en canto a crear ou adaptar o posto de traballo ocupado polo demandante como xefatura de negociado nivel 18.

En consecuencia, por proposta da Consellería do Medio Rural e do Mar, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de setembro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de setembro de 2014, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.