Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41181

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de setembro de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xustifícase por necesidades organizativas e funcionais da consellería e do organismo autónomo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de setembro de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de setembro de 2014, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

LD LIBRE DESIGNACIÓN

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

501 LCDO. DEREITO (MÉRITO).

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A16 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA. E PERSOAL ESTATUTARIO DO SERGAS.

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DE CORPOS E ESCALAS DA LEI 17/1989

1. CORPO FACULTATIVO SUPERIOR DA XUNTA DE GALICIA:

1.2. ESCALA DE SAÚDE PÚBLICA E ADMINISTRACIÓN SANITARIA:

1.2.9. CLASE DE INSPECTORES MÉDICOS.

1.2.10. CLASE DE INSPECTORES FARMACÉUTICOS.