Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38645

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2014 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de arquitecto, grupo I, en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro) para cubrir unha praza da categoría profesional de arquitecto, grupo I, e unha vez comprobado que a persoa aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de arquitecto o aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: arquitecto.

Quenda de promoción interna.

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33250950-B

Tabernero Duque, Fernando María