Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38647

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (1037/2012 D).

Procedemento ordinario 1037/2012 D.

Sobre: reclamación de cantidade.

Demandante: Carmen Mouzo Miñones.

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo.

Avogada: Marina Álvarez Santos.

Demandados: María del Carmen Lorenzo Dorrego, Carlos Lorenzo Gómez.

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio que neste procedemento de xuízo ordinario 1037/2012 D, seguido por instancia de Carmen Mouzo Miñones, representada polo procurador Sr. Painceira Cortizo, fronte a María del Carmen Lorenzo Dorrego e Carlos Lorenzo Gómez, ditouse sentenza con data do 27 de febreiro de 2014.

E encontrándose os ditos demandados, María del Carmen Lorenzo Dorrego e Carlos Lorenzo Gómez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma; indícase que os interesados se poderán dirixir a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro da acta.

Fáiselles saber que contra a dita sentenza cabe recurso de apelación no prazo de vinte (20) días, logo de ingreso da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións dese xulgado.

A Coruña, 28 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial