Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de agosto de 2014 polo que se notifica o requirimento de cumprimento de requisitos do posto de traballo e trámite de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo de Persoal na Área do Medio Rural e Montes na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: 2/2014, requirimento de cumprimento de requisitos do posto de traballo.

Interesado: Juan Antonio Fernández Moure.

Acto de notificación: requirimento e trámite de audiencia.