Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de agosto de 2014 polo que se notifica requirimento e trámite de audiencia por non reincorporación ao posto de traballo.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo de Persoal na Área do Medio Rural e Montes na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

– Expediente: 3/2014-Non reincorporación ao inicio da actividade de apoio da campaña de verán alto risco.

– Interesado: Jesús Gómez Santiago.

– Acto de notificación: requirimento e trámite de audiencia por non reincorporación ao posto de traballo.

– Expediente: 1/2014-Non reincorporación ao inicio da actividade de apoio da campaña de verán alto risco.

– Interesado: Aitor Rodríguez Rodríguez.

– Acto de notificación: requirimento e trámite de audiencia por non reincorporación ao posto de traballo.