En cumprimento do disposto no artigo 12 da Orde do 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, así como no punto décimo primeiro da Resolución do 15 de xaneiro de 2014 pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, e unha vez vistas as solicitudes recibidas e baremados os méritos acreditados polos aspirantes,
RESOLVO:
1. Aprobar as listaxes provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das bolsas de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, así como a súa baremación provisional, e acordar a súa publicación nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet de Xustiza.
2. Os interesados terán dez días hábiles desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio de exposición das listas provisorias para reclamar sobre calquera dos datos contidos na lista ante o órgano que realizou a convocatoria.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza