Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38302

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o segundo cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data de sinatura

Descrición

Importe total

7.5.2014

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ramirás para obras de conservación e mantemento no pavillón polideportivo municipal.

12.916,77 €

10.6.2014

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Sober (Lugo) para a reforma da cuberta do pavillón de deportes de Sober.

31.000,00 €

10.6.2014

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela (Pontevedra) para as obras de acondicionamento do pavimento da pista polideportiva no paseo da Xunqueira.

7.000,00 €

4.8.2014

Protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o clúster empresarial de turismo de Galicia para o fomento do turismo deportivo.

--------------

30.6.2014

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Abegondo (A Coruña) para as obras de instalación de terreo de xogo de herba artificial no campo municipal de San Tirso.

20.000,00 €

30.6.2014

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Rosal para a realización das obras de substitución do pavimento no pavillón polideportivo do Rosal.

20.000,00 €