Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38248

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de setembro de 2014 que modifica a Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de Música e Artes Escénicas e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Mediante a Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) fíxose pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de Música e Artes Escénicas e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Contra a decisión do tribunal único para a especialidade de Percusión de excluílo do proceso selectivo, Luis Miguel Sobrevela Romaguera interpuxo recursos contencioso-administrativos. A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza estimatoria en que recoñece o dereito de Luis Miguel Sobrevela Romaguera a ser sometido ao exercicio práctico B3 conforme as bases da convocatoria.

En execución da Sentenza do 2 de abril de 2014 nº 00217/2014, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos recursos de procedemento ordinario números 270/2011, 271/2011 e 272/2011 (acumulados).

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dispuxo por Resolución do 10 de xuño de 2014, requerir o tribunal único de Percusión-Fundamentos da Composición, a través da persoa do seu presidente, para que se reunise co propósito de convocar a Luis Miguel Sobrevela Romaguera (DNI 53201244J) para realizar a parte B3 da proba única da fase de oposición, outorgándolle a cualificación que proceda. Finalizada a tarefa encomendada, o tribunal remitiu as actas resultantes á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e nelas reflicte a cualificación na parte B3 de 6.3125.

En consecuencia coas actuacións citadas nos parágrafos anteriores, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar que Luis Miguel Sobrevela Romaguera, con DNI 53201244J, superou os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, especialidade Percusión, quenda libre, convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Segundo. Modificar a Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, entre outros, especialidade Percusión, na Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril), incluíndo no número de orde 2, quenda libre, a Luis Miguel Sobrevela Romaguera, con DNI 53201244J, coa puntuación total no concurso-oposición de 5.1401 (baremo: 4.6745 e oposición: 5.4505).

Terceiro. Nomear funcionario en prácticas do corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, especialidade Percusión, a Luis Miguel Sobrevela Romaguera, con DNI 53201244J, con efectividade económica e administrativa do 15 de setembro de 2014.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria