Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de organización e promoción do primeiro Congreso internacional sobre peregrinacións e turismo, en colaboración coa Organización Mundial do Turismo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 31 de marzo de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: organización e promoción do primeiro Congreso internacional sobre peregrinacións e turismo, en colaboración coa Organización Mundial do Turismo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 218.219,83 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de xuño de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xullo de 2014.

c) Adxudicataria: Viajes Sant-Yago, S.A.

d) Importe de adxudicación: 194.215,65 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia