Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador LU-39/2010.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 18 de agosto de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expedientes: E.S.LU-39/2010.

Interesada: Estrugalicia, S.L.

Último enderezo coñecido: avda. Galicia, 77 entr., Vilalba.

Acto de notificación: cobramento de 3ª multa coercitiva.