Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2014/147-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT TIB 810 en Portela.

Situación: Barro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 110 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000-22 e final no apoio existente 2(HV 400-11). LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 18 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000-13, no inicio da derivación aos CCTT Parada e A Laxe, e final no apoio HVH-1600-11 proxectado como fin de liña. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 152 metros de lonxitude, con orixe no PAS no apoio HVH-1600-11 proxectado e final no PAS no apoio proxectado HVH-2500-13. Retensado dun van aéreo de 67 metros, contiguo ao apoio HVH-2500-13. A instalación está situada en Portela, Barro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de agosto de 2014

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial