Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre a instalación para a valorización de residuos nunha empresa de instalacións eléctricas, de fontanaría, climatización e refrixeración no concello de Arteixo (A Coruña) promovido por Elpe Sistemas, S.L. (expediente 2014/0065).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 18 de agosto de 2014, sobre a instalación para a valorización de residuos nunha empresa de instalacións eléctricas, de fontanaría, climatización e refrixeración, concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Elpe Sistemas, S.L. (2014/0065).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental