Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37355

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CORRECCIÓN de erros. Edicto (2390/2012)

Advertido erro no Diario Oficial de Galicia número 153, do 13 de agosto de 2014, procédese á súa corrección. Na páxina 34934 déixase sen efecto o texto que se publica como Edicto 2390/2012 e substitúese polo seguinte:

«Edicto (2390/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 0002390 /2012-mjc-

Xulgado de orixe/autos: demanda 0000682/2011 Xulgado do social número 2 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial).

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tractogal, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, María Purificación Moreira Guldrís.

Avogados: Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial), Cristina Gloria González de la Rasilla.

Procuradora: María Fara Aguiar Boudín.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 2390/2012 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Asepeyo Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tractogal, S.L. e María Purificación Moreira Guldrís sobre reintegro de prestacións, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do INSS contra a sentenza do 21.11.2011 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en proceso sobre seguridade social-reintegro, promovido pola Mutua Asepeyo contra o recorrente, TXSS, Tractogal, S.L. e María Purificación Moreira Guldrís, e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste, para os efectos de publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Tractogal, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2014

A secretaria xudicial»