Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-32/14 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas no expediente de multa, por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recursos de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da Consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 7 de agosto de 2014

Xefe territorial de Pontevedra
P.S. (Resolución 8.7.2011)
Ana Ortiz Álvarez
Secretaria territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Boca Chica, S.L.

B-36746402

PO-32/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992,

do 21 de febreiro

R/ Zamora, 1, baixo,

36203 Vigo

Multa de 1.050 €

Boca Chica, S.L.

B-36746402

PO-33/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992,

do 21 de febreiro

R/ Zamora, 1, baixo,

36203 Vigo

Multa de 1.200 €

Boca Chica, S.L.

B-36746402

PO-61/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992,

do 21 de febreiro

R/ Zamora, 1, baixo,

36203 Vigo

Multa de 1.500 €