Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 5 de setembro de 2014 Páx. 37239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 19 de agosto de 2014, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se informa da realización dunha poxa pública de bens/dereitos.

De conformidade co Acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 1 de agosto de 2014, infórmase de que o día 23.10.2014, ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia da Coruña (sita na praza de Pontevedra 22), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valoración

Cargas

Tipo1

Tramos

1

100 % do pleno dominio por título de compravenda do predio rústico, parcela 551 do polígono 31, concello de Navia, coñecido polo nome de Paraje de Huertas. Ten unha superficie de 6.182 m2. Predio 24293 do Rexistro da Propiedade de Luarca.

9.908,34

0,00

9.908,34

100,00

2

100 % do pleno dominio por título de compravenda do predio rústico, parcela 442 do polígono 31, concello de Navia, coñecido polo nome de Paraje del Lobo. Ten unha superficie de 8.387 m2. Predio 24292 do Rexistro da Propiedade de Luarca.

13.442,45

0,00

13.442,45

100,00

3

100 % do pleno dominio por título de compravenda da parcela 901 do polígono 31, concello de Navia, coñecido polo nome de Paraje de Puyalon. Ten unha superficie de 6.222 m2. Predio 24296 do Rexistro da Propiedade de Luarca.

9.972,45

0,00

9.972,45

100,00

4

100 % do pleno dominio por título de compravenda do predio rústico, parcela 902 do polígono 31, concello de Navia, coñecido polo nome de Paraje de Puyalon. Ten unha superficie de 8.942 m2. Predio 24297 do Rexistro da Propiedade de Luarca.

14.331,99

0,00

14.331,99

100,00

5

100 % do pleno dominio por título de compravenda do predio rústico, parcela 8 do polígono 32, concello de Navia, coñecido polo nome de Paraje de Zona de Atrás. Ten unha superficie de 14.564 m2. Predio 24299 do Rexistro da Propiedade de Luarca.

7.288,25

0,00

7.288,25

100,00

6

100 % do pleno dominio por título de compravenda do predio rústico, parcela 10 do polígono 32, concello de Navia, coñecido polo nome de Paraje de Zona de Atrás. Ten unha superficie de 10.115 m2. Predio 24301 do Rexistro da Propiedade de Luarca.

5.061,84

0,00

5.061,84

100,00

7

Vivenda no terceiro andar da casa nº 2 da praza de Cervantes en Santiago de Compostela. Supeficie: 45 m2 útiles. Ten como anexo o andar de baixo cuberta con bufarda de 45 m2. Predio 21660 do Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela.

126.554,50

0,00

126.554,50

100,00

8

Predio rústico número 218-1 da zona de concentración parcelaria de Cesar- A Barciela, concello de Santiago de Compostela, a labradío, pasteiro e monte ao lugar de Chousa do Rico, de 22 áreas e 70 centiáreas de superficie. Predio cruzado por un regato. Predio 41711 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

5.229,11

0,00

5.229,11

100,00

9

Predio rústico número 218-2 da zona de concentración parcelaria de Cesar- A Barciela, concello de Santiago de Compostela, braña e monte ao lugar de Chousa do Rico, de 22 áreas e 70 centiáreas de superficie. Predio cruzado por un regato. Predio 41713 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

5.229,18

0,00

5.229,18

100,00

10

100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do baixo A da rúa Picaños nº 57, antes nº 1 da rúa da Estrada, na cidade de Santiago de Compostela. Local dedicado a almacén cunha superficie de 59,17 m2. Predio 45010 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

31.222,82

0,00

31.222,82

100,00

11

100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do local-almacén situado no baixo da casa número 4 da rúa da Estrada, hoxe número 61 da rúa Picaños, da cidade de Santiago de Compostela, que forma unha unidade da superficie útil de 96 m2. Predio 7147 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

46.609,85

0,00

46.609,85

100,00

12

Vivenda illada, sita no Lugar da Capela, parroquia do Araño, concello de Rianxo, composta de baixo (locais e garaxe), andar alto e baixo cuberta, ocupa unha superficie de 235,5 m2. Dispón dun terreo unido de 50,50 m2 no lugar de Agro do Outeiro. Predio 7410 do Rexistro da Propiedade de Padrón.

196.429,50

191.623,45

4.806,05

100,00

13

50 % de predio rústico, para uso agrario, sito no lugar de Cabrón, concello de Carral, parcela 74 do polígono 24; de 7.379 m2 de superficie, con referencia catastral 15021A024000740000RA.

1.809,84

0,00

1.809,84

100,00

14

100 % do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda do labradío chamado Agra, sito no lugar de Lesón, parroquia de Santa Cruz, concello da Pobra do Caramiñal, de superficie de 484 m2. Predio 12615 do Rexistro da Propiedade de Noia.

1.019,77

0,00

1.019,77

100,00

15

Urbana, parcela construída sen división horizontal, sita na rúa Cabelo nº 28, 15155 de Fisterra (A Coruña). Superficie de solo 304 m2. Superficie construída 316 m2, baixo de 118 m2 destinado a almacén, primeiro andar de 125 m2 destinado a vivenda e segundo andar de 73 m2 destinado a vivenda. Ref. catastral 8216123MH7581N0001SX.

216.460,00

0,00

216.460,00

100,00

16

50 % do pleno dominio con carácter privativo do predio rústico, a matogueira, de nome Marco Pardo, sito en Marco Pardo, na localidade de Carral, concello de Carral, na provincia da Coruña, dunha superficie de 2.347 m2. A súa referencia catastral é 15021A025003780000RT. Linda ao norte con José vidal Sanjurjo, ao sur con Marqués de Figueroa, ao leste con Amancio Castro Candal e ao oeste con Marqués de Figueroa.

5.091,71

0,00

5.091,71

100,00

17

Dereitos hereditarios da casa de labranza sita no lugar da Igrexa número 6, parroquia de Santiago Seré, no concello das Somozas, construída en cachotaría con andar alto e baixo, composta de forno de cocer pan, entreportas, escala ao piso, sala, rocho e outras dependencias, entre elas dúas adegas. A superficie construída ascende a 240 m2 sobre unha parcela de 1.282 m2. Adquirida como único herdeiro de Pedro Lago Vilaboy, finado o 5 de decembro de 2007. Predio número 4820 do Rexistro da Propiedade de Narón.

51.621,41

0,00

51.621,41

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales haberán de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e os gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) É obriga constituír ante a mesa de poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 por cento do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo de seis meses e poderánselle presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio e pode proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 19 de agosto de 2014

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña