Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 5 de setembro de 2014 Páx. 37192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai público la cofinanciación polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 de obras.

missing image file

En cumprimento da normativa da Unión Europea, reguladora dos fondos europeos, en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, procede dar publicidade ás actuacións tramitadas entre os anos 2008 e 2009 que a continuación se relacionan por razón de seu cofinanciamento pola Unión Europea.

1. Obra de construción dun gimnansio no IES Sofía Casanova de Ferrol (A Coruña).

a) Descrición: obra de construción dun ximnansio no IES Sofía Casanova de Ferrol (A Coruña).

b) Nº do expediente: SXCE 3/08/O.

c) Orzamento base de licitación (sen IVE): 821.797,72 €.

d) Publicidade da licitación: 20 de febreiro de 2008 (DOG núm. 36).

e) Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

f) Importe da adxudicación (IVE incluído): 705.924,24 €.

g) Publicidade da adxudicación: 9 de xuño de 2008 (DOG núm. 110).

2. Obra de construción dun novo edificio do CEIP Xesús Golmar de Lalín (Pontevedra).

a) Descrición: obra de construción dun novo edificio do CEIP Xesús Golmar de Lalín (Pontevedra).

b) Nº do expediente: ED-05/09-O.

c) Orzamento base de licitación (sen IVE): 4.734.441,31 €.

d) Publicidade da licitación: 25 de febreiro de 2009 (DOG núm. 39).

e) Adxudicatario: Ferrovial Agromán, S.A.

f) Importe da adxudicación (IVE incluído): 4.816.991,03 €.

g) Publicidade da adxudicación: 17 de agosto de 2009 (DOG núm. 160).

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria