A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
c) Número de expediente: PA 70/2014.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: contratación do servizo denominado xestión do Punto de Encontro Familiar da Coruña, por procedemento aberto e tramitación urxente, con contratación documentalmente simplificada.
b) Nº de lotes: 1.
c) Lugar de execución: A Coruña.
d) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato
e) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento máximo de licitación previsto: cento oitenta e sete mil douscentos setenta e catro euros (187.274,00 €) aos que se engaden trinta e nove mil trescentos vinte e sete con cincuenta e catro euros (39.327,54 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de douscentos vinte e seis mil seiscentos un con cincuenta e catro euros (226.601,54 €).
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión-Subdirección Xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 56 69-981 54 46 95.
e) Fax: 981 54 46 34.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusulas 4.4.2 e 4.4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas), do oitavo día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta no Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 46 34) no mesmo día.
Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida a licitación.
2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de anuncios: este anuncio será por conta do contratante.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21037
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014
P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar