Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 5 de setembro de 2014 Páx. 37179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 26 de agosto de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican as resolucións ditadas nos recursos de reposición interpostos por Pablo No Couto.

Con data do 6 de agosto de 2014, o director xeral da Función Pública ditou resolucións que atinxen aos recursos de reposición formulados por Pablo No Couto en nome e representación de Carlos Antonio Fernández Sánchez e de José González Prats, respectivamente, contra as resolucións do 10 de xuño de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, en execución do Auto do 15 de xaneiro de 2014 ditado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (incidente de extensión de efectos da sentenza 232/2013) no procedemento ordinario 396/2009.

Logo de tentada, por dúas veces, a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo representante para os efectos de notificacións, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalle a Pablo No Couto as resolucións antes referidas.

O representante pode recoller as respectivas resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller as resolucións, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o representante compareza, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública