Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 3 de setembro de 2014 Páx. 37074

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Mezquita

ANUNCIO de nova exposición pública do expediente de delimitación de núcleo rural Sobreosmuíños.

Neste concello tramítase o expediente de delimitación de núcleo rural común de Sobreosmuíños, efectuadas as modificacións substanciais que afectan a delimitación de núcleo, con base na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas posteriores modificacións, ábrese un novo período de exposición pública, durante o prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e en dous dos diarios de maior difusión na provincia. Durante este tempo poderá ser examinado e poderanse formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

A Mezquita, 25 de agosto de 2014

Rafael Pérez Vázquez
Alcalde