Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 3 de setembro de 2014 Páx. 37053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de non concesión de axuda ou subvención ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012), relativa ao expediente TR341D 2012/1255-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 12 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/1255-2.

Nome: Óscar Ramón Varela Rodríguez.

DNI/NIF: 50458655J.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Último enderezo coñecido: praza Zahara, bloque 12, 6º B, 11405 Jerez de la Frontera (Cádiz).

Contido da resolución ditada o 10 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.