Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.
Así mesmo, fáiselles saber que pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 11 de agosto de 2014
P.A. (Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2013/597-2.
Nome: Mariya Valerieva Bakardzhieva.
DNI/NIF: Y0059456S.
Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
Último enderezo coñecido: rúa Central, 2, 4º D, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).
Contido da resolución ditada o 11 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.
Nº de expediente: TR341D 2013/766-2.
Nome: María Simony Ribero Silva.
DNI/NIF: Y2049997K.
Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
Último enderezo coñecido: rúa Miguel de Cervantes, 77, 3º I, 15570 Narón (A Coruña).
Contido da resolución ditada o 11 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.