Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 3 de setembro de 2014 Páx. 37057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2014/13-1 e RL 2014/111-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 19 de agosto de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2014/13-1.

Acta inf. nº: I152013000169589.

Empresa: Industrial Textil Rare, S.L.

NIF: B15825466.

Enderezo: rúa Urzaiz, 130, 36205 Vigo (Pontevedra).

Materia: traballo (incumprimentos salariais).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d), 29.1 y 82.3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigos 7, 8, 12, 20 e 30 do Convenio colectivo de comercio vario da Coruña 2008/2011.

Tipificación: artigo 7.10 del Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 4 de xuño de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Industrial Textil Rare, S.L. unha sanción por importe de dous mil euros (2.000 €).

Expediente: RL 2014/111-1.

Acta inf. nº: I152014000034273.

Empresa: Pecavilla, S.L.

NIF: B70349436.

Dirección: rúa Pasteur, 12, 15008 A Coruña.

Materia: traballo (vulneración do dereito de ocupación efectiva e incumprimentos salariais).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.a) e 4.2.f), 26 e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 7.10 e 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 19 de xuño de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Pecavilla, S.L. unha sanción por importe de seis mil oitocentos setenta e sete euros (6.877 €).