Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO do 25 de agosto de 2014 de corrección de erros das bases e da convocatoria para a provisión, por libre designación, do posto de asesor/a xurídico/a.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, do 25 de agosto de 2014, aprobouse o seguinte:

1. Corrixir o erro da base quinta das que rexen a convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local do 5 de agosto de 2014 (Diario oficial de Galicia do 13 de agosto), que queda redactada como segue:

«Quinta. En caso de que a proposta de nomeamento recaia nun funcionario da Administración xeral do Estado, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos a persoa que resulte seleccionada e considerarase favorable de non se emitir no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo».

2. Abrir un novo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, para a presentación das instancias para participar na convocatoria para a provisión do posto de asesor/a xurídico/a, polo procedemento de libre designación.

3. As instancias presentadas ao abeiro da convocatoria anterior (obxecto da presente corrección) serán admitidas sen necesidade dunha nova presentación.

Ourense, 25 de agosto de 2014

Carmen Rodríguez Dacosta
Directora xeral de Recursos Humanos