Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO polo que se informa da convocatoria de varios postos de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 158, do 21 de agosto de 2014, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 14 de agosto de 2014, relativas ás seguintes convocatorias de postos de libre designación:

– 1 posto de xefe do Servizo de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

– 1 posto de xefe do Servizo de Planeamento e Xestión do Solo.

– 1 posto de xefe do Servizo de Museos Científicos.

– 1 posto de xefe do Servizo de Informática Municipal.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 21 de agosto de 2014

Roberto Luis Coira Andrade
Concelleiro delegado de Economía, Facenda e Oficina Orzamentaria