Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1229/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento 1229/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Muíño Hermida contra Prefabricación y Montajes del Norte, S.A., empresa Commain, S.A. e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial, María Adelaida Egurbide Margañón.

Na Coruña, 30 de xullo de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 15.11.2013 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda de despedimento presentada por Marcos Muíño Hermida fronte a Prefabricacion y Montajes del Norte, S.A., Commain, S.A. e o Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 30.7.14,
ás 10.50 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado.

Fundamentos de dereito.

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, considerarase que desiste da súa demanda (artigo 83.2 LXS).

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que Marcos Muíño Hermida desiste da súa demanda fronte a Prefabricacion y Montajes del Norte, S.A., Commain, S.A. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº en Banesto, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Commain, S.A., expido este edicto para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial