Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36880

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2014 pola que se procede ao nomeamento como funcionario do corpo de letrados, subgrupo A1, do aspirante que superou o proceso selectivo, mediante concurso, convocado pola Resolución do 14 de febreiro de 2014.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 14 de febreiro de 2014 (DOG núm. 42, do 3 de marzo), e vista a proposta formulada polo tribunal nomeado para cualificar este proceso selectivo, a Presidencia, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nas demais normas concordantes,

DISPÓN:

Nomear funcionario do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia, subgrupo A1, o aspirante aprobado que se relaciona no anexo desta resolución coa puntuación final obtida.

Para adquirir a condición de letrado do Consello Consultivo de Galicia, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá tomar posesión do seu posto nos termos regulamentariamente establecidos, segundo se especifica no punto VI das bases da convocatoria (Resolución do 14 de febreiro de 2014, DOG núm. 42, do 3 de marzo).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administativa.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Código

Tipo de posto

Nivel

Localidade

33816032Y

López Corral, José Carlos

CCG 003

S

30

Santiago de Compostela