Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes tramitados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 20 de agosto de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expediente

Acto que se notifica

Concello

Amado Fernández Bernedo

IN635B 2013/304-2

Resolución

Lugo

Cristina Leiro Castro

IN635A 2014/30-2

Resolución

Lugo

Jacobo Rodríguez Peña

IN635A 2014/177-2

Trámite de audiencia

Lugo

Centro Rehabilitación Sanfer, S.L.

IN635A 2014/219-2

Trámite de audiencia

Foz

Explotación Agrogandeira, S.C.

IN635A 2014/255-2

Trámite de audiencia

Pedrafita do Cebreiro