Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de licitación do contrato para a xestión do ciclo integral da auga.

De conformidade co acordado no Pleno do Concello en sesión extraordinaria do día 21.8.2014, por medio do presente anuncio convócase procedemento aberto para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público, na modalidade de concesión, que ten por obxecto a xestión do ciclo integral da auga do concello de Baiona, conforme as seguintes especificacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Baiona.

b) Dependencia que tramita o expediente: Pleno.

c) Obtención da documentación e información:

– Cuestións administrativas: Secretaría do Concello: secretaria.xeral@baiona.org

– Cuestións económicas: Intervención: intervencion@baiona.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato administrativo de xestión de servizo público.

b) Modalidade: concesión.

c) Descrición: xestión do ciclo integral da auga: abastecemento de auga potable e saneamento.

d) Lugar de execución: Baiona.

e) Prazo de execución: 20 anos (non prorrogable).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

b) Tramitación: ordinaria.

c) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares:

– Criterios non avaliables mediante fórmulas. Ata 40 puntos:

• Proxecto técnico de organización dos servizos propostos. Ata 20 puntos.

• Metodoloxía de xestión e mellora dos servizos propostos. Ata 20 puntos.

– Criterios avaliables economicamente. Ata 60 puntos:

• Canon concesional variable: estimado como unha porcentaxe da facturación anual. Ata 20 puntos.

• Menor custo total unitario da explotación do ciclo integral de auga e a súa repercusión nas tarifas. Ata 20 puntos.

• Melloras sen custo adicional. Ata 20 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 42.891.476,83 €, máis IVE do 10 %: 4.289.147,68 €, o que supón un total de 47.180.624,51 €.

5. Tipo de licitación/canon de explotación.

– Canon mínimo variable do 20 % do total da facturación anual.

– Investimentos anuais en melloras da rede por un importe mínimo variable do 10 % do total da facturación anual.

6. Garantías.

Definitiva: 5 % do valor total do contrato ofertado polo adxudicatario: IVE excluído.

7. Presentación de ofertas.

As ofertas presentaranse no Concello, no horario de atención ao público das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 45 días naturais contados desde o día seguinte á última publicación do anuncio de licitación, o cal se realizará no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

8. Taxa por presentación a procedementos de licitación pública: 19,40 €.

9. Apertura de ofertas.

Anunciarase no perfil do contratante do Concello de Baiona (www.baiona.org).

10. Gastos de publicidade.

Os gastos derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Baiona, 21 de agosto de 2014

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde presidente