Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO de licitación para a xestión da piscina cuberta municipal.

O Concello de Outes convoca licitación pública para adxudicar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello de Outes.

b) Tramitación: Secretaría da corporación.

c) Obtención de documentación e información: casa do concello, rúa da Vila, nº 1, 15230 A Serra de Outes. Teléfono: 981 85 00 03. Fax: 981 85 03 87. Correo electrónico: correo@outes.es. Perfil de contratante da corporación: www.outes.es. Data límite de obtención de información: oitavo día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e no BOP da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de xestión de servizo público.

b) Descrición: xestión das instalacións da piscina cuberta municipal.

c) Lugar de execución: Boel, Outes.

d) Prazo de execución: 8 anos prorrogables por un período de 2 anos.

e) Código CPV: 926 10 000.

3. Procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios.

c) Criterios de adxudicación: baixa no importe da subvención, oferta de melloras no equipamento e nas instalacións da piscina, e coherencia, rigor e adecuación do proxecto de explotación e de xestión das instalacións.

4. Valor estimado do contrato e orzamento base de licitación: 571.550,00 €.

5. Garantía provisoria: 6.000 €.

6. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

7. Requisitos do contratista.

A solvencia económica, financeira e técnica acredítase mediante calquera dos medios que prevén os artigos 75, 78 e 79 da LCSP.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: vinte días naturais contados desde que se publique este anuncio no DOG e no BOP da Coruña.

b) Documentación: epígrafe 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Outes (casa do Concello, rúa da Vila, nº 1, 15230 A Serra de Outes).

d) Prazo de mantemento da oferta: dous meses desde que conclúa o prazo de presentación.

9. Apertura das ofertas: o quinto día solto seguinte ao de conclusión do prazo de presentación das ofertas, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Outes.

10. Os gastos dos anuncios da licitación serán por conta do adxudicatario.

Outes, 31 de xullo de 2014

Carlos E. López Crespo
Alcalde