Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de agosto de 2014 pola que se notifica o traslado do emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/34/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento de Dolores Sampedro Ayaso para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/34/2014-RP1, en relación coas obras de construción de edificación e galpón que se levan a cabo no lugar Peteiras-Aguiño, no termo municipal de Ribeira, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2014

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística