Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de agosto de 2014 pola que se notifica a resolución de imposición dunha segunda multa coercitiva SIL/11/2012-B1 (S-2010/027-C), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 20 de xuño de 2014, ditou resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente sancionador SIL/11/2012-B1 (S-2010/027-C), que lle foi incoado a Jesús Mato Juncal pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na instalación de caseta prefabricada e obras de construción de peche, soleira de formigón, lareira e mesa con bancos de pedra, no lugar das Areas, termo municipal de Ponteceso (A Coruña).

Ao non se poder realizar a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado pode interpor recurso de reposición contra esta resolución ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2014

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística