Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36322

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1685/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1685/2014 desta sección, seguido por instancia de Manuel Souto Pan contra o Fogasa, Alcoa Inespal, S.A., Randstad Empleo ETT, S.A. subrogada Laboram-antes Vedior, Policlínico Médico Sanitario, Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Flexiplan, S.A. ETT, sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Sra. Navarrete Rey actuando en nome da parte demandante, así como o interposto polo letrado Sr. Fresco González, actuando en nome e representación da empresa condenada na instancia, contra a sentenza do 29 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos 1252/2012, sobre despedimento, seguidos por instancia do demandante, contra as empresas Alcoa Inespal, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Flexiplan, S.A. ETT, Randstad Empleo Empresa de Trabajo Temporal, S.L., Policlínico Médico Sanitario e a entidade Sociedad de Prevención Fremap, sendo parte o Fogasa, confirmámola na súa integridade.

Imponse a Sociedad de Prevención Fremap, S.L.U. o aboamento das custas procesuais causadas, con inclusión dos honorarios dos letrados impugnantes deste recurso (a letrada da demandante e o letrado da empresa Eulen), que se fixan en 550 euros para cada un deles, así como a perda do depósito constituído para impugnar.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

O/a secretario/a xudicial».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Policlínico Médico Sanitario, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2014