Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente SAN-CO-003/2014-IA e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 6 de agosto de 2014

P.A.
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

Anexo

Expediente: SAN-CO-003/2014-IA.

Denunciado: José Ramón López García.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-CO-112/2014-IA.

Denunciado: José Feliciano Cotelo Barca.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-114/2014-SG.

Denunciado: Alberto Sánchez Porteiro.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-127/2014-IA.

Denunciado: José Luis Marcos Varela.

Acto de notificación: incoación.