Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha Resolución do 4 de xuño de 2014, de non concesión de axuda ou subvención ao programa para a promoción do emprego autónomo –axuda excepcional–, regulada na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 20 de xaneiro de 2012), relativa ao expediente TR341D 2012/731-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra esta cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 4 de agosto de 2014

P.A. O xefe do Servizo de Coordinación Administrativa
(Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/731-2.

Nome: José Manuel Miragaya López.

DNI/NIF: 76581476D.

Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 97, 1º D, 15401 Ferrol (A Coruña).

Contido da resolución: resolución ditada o 4 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, desestimatoria de axuda ou subvención solicitada, por esgotamento da partida orzamentaria asignada á Consellería de Traballo e Benestar o 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o ano 2012.