Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución ditada no expediente disciplinario instruído a Francisco Javier Lores Iglesias.

Con data do 6 de agosto de 2014, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade ditou resolución no expediente disciplinario instruído a Francisco Javier Lores Iglesias.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, enviouse a notificación da citada resolución ao lugar indicado polo interesado para os efectos de notificacións, sen que esta se puidese facer efectiva.

Polo exposto, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, de conformidade co disposto no citado artigo 59.5º da Lei 30/1992, en virtude deste anuncio, notifica a Resolución do 6 de agosto de 2014.

Francisco Javier Lores Iglesias poderá recoller a notificación da citada resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Unha vez transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano resolutorio no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, segundo o que establece o artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 6.1.c) do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Ramón Martínez Blanco
Vicesecretario xeral da Consellería de Sanidade