Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36245

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5675/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5675/2012 (-FF-).

Xulgado de orixe/autos: demanda 226/2011 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial).

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Artiscont de Galicia, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Eva María Vidal Rodríguez.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 5675/2012 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Artiscont de Galicia, S.L. sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña nos presentes autos, seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte a Artiscont de Galicia, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Artiscont de Galicia, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de xuño de 2014

A secretaria xudicial