Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 10 de xullo de 2014

P.A. (Artigo 17 da Lei 30/1992)
María González de la Ballina González
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Expediente: INC-PO-0029/2014-BIO.

Denunciado: Cándido Menduiña Carballo.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0030/2014-BIO.

Denunciada: Francisca Bolíbar Sequeiros.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0123/2014-LSA.

Denunciado: José Amoedo Pesqueira.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0045/2014-SBP.

Denunciado: Antonio Dapena Fernández.

Acto de notificación: acordo de incoación.