Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 8 de agosto de 2014 polo que se notifica a Alejandro Barreiro González o requirimento de documentación en relación coa súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Con data do 24.7.2014 o xefe do Servizo de Formación en Emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública remitiu escrito de requirimento de documentación relativo ao expediente de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia solicitada por Alejandro Barreiro González.

Tentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo coa indicación de «enderezo incorrecto».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio notifícalle a Álvaro Bravo Hernández o requirimento antes citado.

O interesado pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase ao interesado que, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

A Estrada, 8 de agosto de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública