1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Augas de Galicia.
2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
4) Teléfonos: 981 95 74 01/981 95 74 27.
5) Fax: 981 95 74 03/881 99 96 94.
6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web
http://www.augasdegalicia.xunta.es
8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: OH.136.1090.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizo.
b) Descrición: elaboración do arquivo técnico e documento XYZT, actualización das normas de explotación e do plan de emerxencia e redacción do anteproxecto de implantación do plan de emerxencia da presa de Caldas de Reis.
c) Lugar de execución: Caldas de Reis (Pontevedra).
d) Prazo de execución: doce (12) meses.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria da licitación.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Valor estimado do contrato: 101.111,92 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 101.111,92 euros. Importe total: 122.345,42 euros.
6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non procede.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase a solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 78 a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público nos termos que se expresan no prego administrativo.
c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 9 de setembro de 2014.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.
c) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).
2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terá lugar o 23 de setembro de 2014 ás 9.30 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Outras informacións:
a) Modificacións previstas: prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
c) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.
d) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
f) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.
g) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2014
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia