Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36141

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Rexistro Mercantil e de Bens Mobles de Pontevedra

ANUNCIO de resolución de recurso.

Por Resolución da Dirección Xeral de Rexistros e do Notariado do 4 de xuño de 2014 foi desestimado o recurso de alzada interposto pola sociedade Fabricaciones Metalúrgicas Caldenses, S.L. contra a resolución dictada neste Rexistro Mercantil no expediente número 9/2014, declarando procedente o nomeamento de auditor de contas para o exercicio 2013.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada ante a xurisdición civil ordinaria, logo da correspondente reclamación administrativa, de conformidade co disposto nos artigos 120 a 124 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 15 de xullo de 2014

Ana María López Rodríguez
Rexistradora Mercantil II