Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á interesada un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.
Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 31 de xullo de 2014
P.A. O xefe do Servizo de Coordinación Administrativa
(Art. 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2010/1151-2.
Nome: Carla del Estal Brizuela.
DNI/NIF: 72066673Z.
Último enderezo coñecido: rúa Carril das Flores, 1, Seoane, 27325 Folgoso do Courel, Lugo.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: artigo 17, letra a) da orde de convocatoria.
Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.