Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a localización dun CEIP.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada con data do 26 de xuño de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar con carácter definitivo o estudo de detalle para a localización dun CEIP nunha parcela dotacional do contorno do rego de Trabe, promovido polo Concello de Culleredo e segundo documento redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 17 de xullo de 2014.

Este acordo pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

O estudo de detalle entrará en vigor aos quince días hábiles da publicación da normativa no Boletín Oficial da provincia da Coruña (artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local).

Culleredo, 21 de xullo de 2014

Julio Sacristán de Diego
Alcalde