Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (885/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

Sentenza 410/2014

A Coruña, vinte e dous de xullo de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 885/13 seguidos por instancia de Elia Iglesias Bermúdez asistida polo letrado Francisco Valiño Ferreiro contra Sada Hostelería, S.L. e administrador concursal Solventia Administradores Concursales, S.L.P, que non comparecen, e Fogasa que si o fai, sobre reclamación de cantidade.

Decido

Que, estimando a demanda interposta por Elia Iglesias Bermúdez contra a empresa Sada Hostelería, S.L. debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe á demandante a cantidade de 27.063,03 euros polos conceptos reclamados en demanda; deberá responder desta cantidade, na súa condición de administrador concursal Solventia Administradores Concursales, S.L.U.

Así mesmo, debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores con respecto ás cantidades recollidas no feito probado segundo desta sentenza.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando la manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación a Sada Hostelería, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos

A Coruña, 30 de xullo de 2014

A secretaria xudicial