Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35788

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4025/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4025/2012 desta sección, seguido por instancia de Carmen Pardo Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Luis García Rodellino, Sergas, Mutua Galega de Accidentes de Traballo sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por María del Carmen Pardo Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número dous da Coruña, en xuízo seguido pola recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, o Servizo Galego de Saúde e Luis Manuel García Rodellino, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Luis García Rodellino co último domicilio coñecido na rúa Pintor Seijo Rubio, 9, da Coruña e na actualidade, en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 18 de xullo de 2014

O secretario xudicial