1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4) Teléfono: 881 99 51 74.
5) Telefax: 881 99 93 26.
6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 20992
8) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.
a) Número de expediente: 28/2014 SXT.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración de vestiario e calzado de traballo para o persoal laboral (capataz de establecemento, vixilante de recursos naturais e peón forestal) adscrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
c) Prazo de entrega: 60 días naturais desde a formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 18100000-0 e 1880000-7.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra L do seu cadro de características.
4. Valor estimado do contrato: 88.000,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 88.000,00 €. Importe total: 106.480,00 €.
6. Garantías exixidas.
Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE: 4.400,00 euros.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3. do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras J e K do seu cadro de características.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidir en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas.
a) Descrición: apertura pública.
b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.
10. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas