Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2013/174 e LU-RES 2014/035.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora do procedemento sancionador e polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, respectivamente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 18 de xullo de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/174.

Denunciado: Elomari Abdelkarim.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/035.

Denunciados: Relu Matei e Marga Marina Porumbario.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.