Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35449

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de xullo de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección, que aproba as bases reguladoras das axudas aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

missing image file

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 141, do 28 de xullo de 2014, procede facer a seguinte corrección:

– Na páxina 32517, artigo 14.1, onde di:

«Artigo 14.1. Prazo para presentar a solicitude de cobramento:

– Ata o 30 de setembro de 2014 para aqueles proxectos que finalicen antes do 30 de setembro de 2014.

– Ata o 30 de xuño de 2015 para aqueles proxectos que se desenvolvan entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de xuño de 2015».

Debe dicir:

«Artigo 14.1. Prazo para presentar a solicitude de cobramento:

– Ata o 26 de decembro de 2014 para aqueles proxectos que finalicen antes do 15 de novembro de 2014.

– Ata o 30 de xuño de 2015 para aqueles proxectos que se desenvolvan entre o 15 de novembro de 2014 e o 30 de xuño de 2015».